xoves, 17 de marzo de 2016

O PRINCIPIÑO, 1º C


O Principiño foi a segunda lectura para o grupo do Clube de Lectura de 1º ESO C. Pasamos dos horrores provocados por unha gárgola na vida do adoslecente Jeremy, á candidez e tenrura dun pequeno ser que chega á terra vestido de Príncipe despois de visitar varios asteroides. A través da súa mirada descubrimos, entre outras cousas, os absurdos comportamentos dos adultos e, a través das súas experiencias, o valor da amistade
Á hora de facermos a lectura en grupo, tratei de destacar estas dúas mensaxes importantes que percorren o libro do Principiño.
Tamén traballamos a ilustración, tan importante neste libro, e algúns  alumnos con diferentes materiais realizaron o “SEU PLANETA“, mentres que outros fixeron a súa homenaxe ao Asteroide do Principiño. Os resultados como se poden ver nas fotos son excelentes.


CLUB LECTURA MUCHACHADA LECTORA on PhotoPeach
Para pechar a actividade da lectura, os alumnos escribiron unha frase que recollese unha idea, unha sensación, unha impresión ou unha opinión da lectura do Principiño. Uns copiaron e escribiron literalmente algunha das coñecidas frases do Libro, outros optaron por unha valoración persoal. Velaquí temos os seus comentarios: 
VERÉ DE GOLPE TODO EL PLANETA Y TODOS LOS HOMBRES.
UN ELEFANTE DENTRO DUNHA BOA NON É UN SOMBREIRO. OS MAIORES NON ME COMPRENDEN!!!
A MELLOR ETAPA DA TÚA VIDA SERÁ SER UN RAPAZ, PORQUE OS MAIORES SON UNS ABURRIDOS.
TODOS OS MUNDOS SON PRECIOSOS, PERO HAI XENTE MALA.
UNHA FLOR DE TRES PÉTALOS, UNHA FLOR DE NADA!!!
AS PERSOAS MAIORES ACONSELLÁRONME QUE DEIXASE OS DEBUXOS DE SERPES E ME CENTRASE NA HISTORIA, XEOGRAFÍA, CÁLCULO E DESE XEIO ABANDONEIME AOS SEIS ANOS.
LA TIERRA NO ES UN PLANETA CUALQUIERA!!!
OS ADULTOS NUNCA ENTENDEN AOS RAPACES E SEMPRE ESTÁN COAS SÚAS COUSAS ABURRIDAS.
O PLANETA SEGUINTE ESTABA HABITADO POR UN BEBEDOR. ESTA VIAXE FOI MOI BREVE PERO SUMIU AO PRINCIPIÑO NUNHA GRAN MELANCOLÍA.
A VERDADE É QUE TODOS OS MAIORES SON MOI RAROS…
Sería bo que estes lectores que están a punto de abandonar “esa etapa de vida de rapaz” teñan en conta as aprendizaxes do neno Príncipe durante a súa viaxe pola vida. No caso de que as esquezan, sempre queda a opción de volver a ler O Principiño.
Elvira Moroño (profesora Lingua Galega)

1 comentario:

  1. Octavio Fdez Lourido27 de marzo de 2016, 16:43

    Bos recordos, fermosa e obrigada léctura. Moi creativo o grupo, e tamén afortunados pola sua docente de lingua galega. Parabéns!!!

    ResponderEliminar