viernes, 28 de octubre de 2016

UN POCO DE ABRIL, ALGO DE MAYO... 2º C

Jordi Sierra i Fabra foi o autor elixido polo grupo de 2º C.
   
Os dous protagonistas deste libro son Jaime e Olga, dous mozos que teñen a súa primeira cita nun bar. Todo podería parecer en grao sumo habitual pero a súa conversación non é a máis típica xa que, o primeiro que fan é mostrarse os seus certificados médicos.
Olga ten dezanove anos e meses atrás decatouse de que era seropositiva, algo que fixo que a súa vida rompese pero tomou unha decisión, aferrarse á vida e vivir ese amor tan necesario para ela, buscando a súa alma xemelga alí onde fose para poder compartir todo o tempo dispoñible.
Jaime, por outra banda, escóndelle un segredo a Olga que mesmo pode esnaquizar as súas ilusións pero quen sabe, poden un pouco de abril, algo de maio e todo setembro cambiar as súas vidas para sempre?
Como sabedes, xa se fixo a película. Aquí un aperitivo.

Se queredes, aquí podedes comezar a lectura.
Na súa páxina persoal este autor regálanos cada mes un poema, un conto, relato etc..., ¡non deixedes de visitala!

No hay comentarios:

Publicar un comentario