martes, 28 de enero de 2014

CLUB ADULTOS

Esta é a nosa elección para a próxima reunión de marzo.
A terceira novela do escritor, guionista e dramaturgo Jean-Luc Seigle foi un éxito sorpresa en Francia grazas á boca-oído entre lectores e libreiros.
Sinopse: O 9 de xullo de 1961 é un grande día para a familia Chassing e os habitantes do pequeno pobo no que vive: hoxe chegará o primeiro televisor ao pobo, e o novidoso aparato traeralles as imaxes do fillo maior, destinado á guerra de Alxeria.
Durante o día no que transcorre a novela, o lector enfróntase á morte, o adulterio, a mentira, e a unha revelación na que a Historia en maiúsculas se mestura coa historia dunha familia que xa non volverá ser a mesma.
Podemos ler un fragmento aquí.
Tamén temos esta entrevista. E aínda que está en francés, temos a Pilar que nos botará unha man.

No hay comentarios:

Publicar un comentario