jueves, 19 de diciembre de 2013

UNHA ESTRELA NO VENTO

Os integrantes do Club de lectura de 2ºA tivemos a oportunidade de ler ("devorar" máis ben polo ritmo lector dalgúns compañeiros) a novela "Unha estrela no vento", da autora viguesa Ledicia Costas. Podedes coñecer algo máis desta nova escritora viguesa na Galipedia ou mesmo visitando o seu blog.
A novela trata a peripecia de Miguel Foz, un rapaz de dezasete anos que vai coñecer   unha moza xitana que, no intre de venderlle unha rosa, cambiará a sua vida por completo. As paixóns, a amizade, o amor, a violencia, a infidelidade e a traizón mestúranse nesta historia que non olvida tampouco problemas sociais como o acoso escolar ou a integración das minorías étnicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario