jueves, 5 de septiembre de 2013

CLUB ADULTOS

A elixida para a vindeira reunión foi "El curioso incidente del perro a medianoche" de Mark Haddon.
Christopher é un rapaz con síndrome de Asperger que vive co seu pai en Swindon. Unha noite descobre o cadáver de Wellington, o caniche da súa veciña. Christopher decide investigar o caso, pero a súa investigación verase gravemente limitada polos seus temores e dificultades á hora de interpretar o mundo que o rodea. Durante a súa investigación, Christopher verase forzado a entrar en contacto con xente con quen nunca se relacionou, a pesar de que viven na súa mesma rúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario