miércoles, 19 de diciembre de 2012

BONE, 1º B+C

Este grupo retoma un antigo éxito do primeiro club de lectura: BONE 1, Lejos de Boneville, de Jeff Smith; elixida pola revista Time como unha das 10 mellores novelas gráficas de todos os tempos.
Tres primos -Fone Bone, Phoney e Smiley- expulsados de Boneville, pérdense nun enorme e descoñecido deserto. Tras diversos incidentes reuniranse na cidade de Barrel Haven alleos á conspiración que se tece en torno a eles e sen percatarse de que as súas aventuras só acaban de comezar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario