miércoles, 7 de diciembre de 2011

Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa



O grupo de 2º da ESO está a ler a cuarta entrega dos Megatoxos do ilustrador e autor Anxo Fariña. Despois de vender 30.000 exemplares dos tres anteriores títulos, Anxo Fariña volve con novas aventuras da saga en Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa.

Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, ás veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.
Se che gusta este autor, recorda que xa está á venda "A chave da Atlántida", novela coa que conseguiu o Premio Merlín de Literatura infantil 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario