xoves, 10 de xuño de 2021

DESPEDIDA E EXCURSIÓN

Como cada ano, rematamos a nosa experiencia lectora cunha xornada de convivencia entre os clubs chea de actividades.
A petición do alumnado, marchamos a un paintball en Vigo onde descargar adrenalina evitando contactos. Temos que recoñecer que, a pesar das nosas dúbidas, foi un éxito.

Para ver máis fotos clicade na imaxe

sábado, 1 de maio de 2021

A CASA DO MEDO, 1º ESO

Os de 1º xa rematamos coa lectura de misterio da man de Fernández Paz e aquí nos presentamos para convidarvos a lelo.
Está na biblio. A por el!!!!!!!!
E xa sabedes, cambio de coordinadora. Volve Esther e descansa Irene.

mércores, 21 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 A expo da biblioteca estanos agardando e as actividades que biblogcaniza agocha baixo a etiqueta Día libro, tamén.

OS 40 MÁIS LIDOS NO 2019/2020

Xa coñecemos a lista dos títulos máis lidos nos clubs de lectura, así como o número de lectura realizadas de cada autor ou autora, tendo en conta as diferentes obras lidas de cada un deles.

luns, 12 de abril de 2021

O EFECTO FRANKENSTEIN, 4º ESO

 

Coma se se tratase de Alicia caendo polo tobo, Nora viaxa ata finais do século XVIII. Alí terá que disfrazarse de home e tamén de señorita; adaptarse á vestimenta e aos costumes da época para lle axudar ao seu amigo Max a solucionar o problema coa criatura que o seu irresponsable amigo Víctor creou e abandonou no seu laboratorio.
En O efecto Frankenstein, Elia Barceló abre un eixe de diálogo entre dúas épocas e fainos reflexionar sobre a desigualdade de xénero, tanto no ámbito profesional coma no social.

sábado, 6 de febreiro de 2021

ROMANTICISMO

Interesante a actividade realizada en 4º para o Romanticismo. Imaxe e palabra dándose a man.

Hecho con Padlet