sábado, 26 de outubro de 2024
SUBNORMAL, 2A
martes, 15 de outubro de 2024
O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, 3D
luns, 14 de outubro de 2024
LOS PASOS DEL MIEDO, 3A
Los pasos del miedo, de Concha López Narváez prométenos comezar con suspense, misterio e tensión.
O primeiro dos dous relatos que contén o libro ten un arranque inquietante, xa que nos sitúa no dormitorio dunha moza que detecta, polo perfume, a presenza dun intruso escondido no armario. O segundo aborda o tema dos soños premonitorios, esas verdadeiras obsesións que acaban condicionando as nosas vidas a modo de profecías autocumplidas. Nos finais sorprendentes e inesperados, a traizón está presente, no primeiro por parte dun curmán da protagonista e no segundo por parte do propio marido que fai realidade o soño da súa muller para desfacerse dela.
Podemos ver algunha curta desta temática para complementar a lectura.
venres, 11 de outubro de 2024
EL HERRERO DE LA LUNA LLENA, 1B
Esta novela histórica, de María Isabel Molina, preséntanos a Yago de Lavalle, un mozo que domina os segredos da fragua e os metais, pero que se opón ás prácticas supersticiosas do seu gremio, os ferreiros. Como castigo por tal actitude, é obrigado a peregrinar a Santiago de Compostela. A aventura, o amor e o perigo serán só algún dos seus compañeiros de viaxe.
Facemos o camiño con Yago?
Conta cunha guía de lectura.
MENTIRA, 4A
INVISIBLE, 2B
MARXINADOS, 2A
xoves, 10 de outubro de 2024
20.000 LEGUAS BAIXO DOS MARES, 1AC
EL SÓTANO, 2C
DIARIO DE GREG, 8. MALA SUERTE, 3B
Os deste grupo queremos saber máis de Greg, personaxe creado por Jeff Kinney e que protagoniza a sexta serie de libros máis vendida de todos os tempos. Por iso nos decidimos polo 8º libro da colección.
Greg é un preadolescente que estuda a Secundaria. Encántanlle os videoxogos, o manga, o anime, os doritos, os cómics e xogar videoxogos. A súa preocupación maior é o seu nivel de popularidade.
Podemos comezar a lectura aquí e ver o trailer da versión cinematográfica de DIsney.