Da man de Xoán Babarro, lemos Sempre Hausa, a historia dun mozo africano do pobo hausa que debe emigrar e enfrontarse a novos desafíos mentres mantén a súa identidade. Unha historia que nos fala dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces.
Abduhali é un rapaz nacido en África. Pertence ao pobo dos hausa e el e os seus teñen unha vida dura. Por iso, ten que deixar a familia e buscar novas terras. Non é doado sobrevivir. Dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces fala esta historia, na que poderás presenciar tamén un rally Paris-Dakar.
Con estas curtas iniciamos o debate.



