martes, 9 de marzo de 2021

A CASA DO MEDO, 1º ESO

Co remate de Pequenas cousas, cambiamos de libro e de coordinadora.
Agora Esther déixalle o lugar a Irene que comeza no club con este libro de Agustín Fernández Paz.
O narrador desta historia, un home adulto, regresa á vila na que transcorreu a súa infancia, asociada na súa memoria a unha traumática experiencia vivida daquela. Decidido a saldar dunha vez por todas as contas co pasado, relata o que lle aconteceu tras quedar pechado no enigmático caseto que espertaba os temores da cativada de Valverde. Para volver reunirse cos seus e abandonar ese lugar de encerro, o protagonista terá que superar as probas do cruel Señor das Serpes e lograr regresar con vida da Illa da Lúa.
Un relato que nos interna nunha aventura marcada polo medo e unha tensión que se intensifica consonte van avanzando as páxinas.

MARXINADOS, 2º A

Marxinados, de Pepe Carballude é a elección.
Trátase dunha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.
Fálanos dunha estrela do baloncesto que termina traballando como educador no internado onde foi criado; aínda que tamén está alí chamado por unha historia de amor...